Posts Tagged ‘social’

Os ‘espellos’ de Cabozo noutras redes sociais

Lunes, octubre 3rd, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Coa idea de axudar á difusión desta rede social creamos algunhas contas ‘espello’ de Cabozo noutras redes sociais. Nelas poderás encontrar unha pequena mostra dos variados contidos que a diario comparten os usuarios en Cabozo. Tamén poderás contactar con usuarios rexistrados e pedirlles un convite para poder unirte a esta rede social se… aínda non o fixeches?! :|

As contas de Cabozo noutras redes sociais son as seguintes (pica sobre as imaxes para acceder a elas):

Esta é a nosa conta no Twitter

Esta é a nosa conta no Twitter

- En Twitter contamos coa maior comunidade de usuarios fóra de Cabozo. No momento da publicación desta entrada contamos con máis de 1.250 seguidores :D

A nosa páxina no Facebook

A nosa páxina no Facebook

- En Facebook contamos cunha páxina seguida neste momento por máis de 330 persoas.

A nosa páxina en Tuenti

A nosa páxina en Tuenti

- Tamén contamos dende hai pouco cunha páxina en Tuenti á cal xa se uniron 190 persoas.

Cabozo Televisión, a nosa canle en Youtube

Cabozo Televisión, a nosa canle en Youtube

- Esta mesma semana creamos “Cabozo Televisión“, a nosa canle en YouTube, por agora sen demasiados contidos :)

Calquera outra conta, perfil ou páxina, que non sexan as que aquí mostramos nada teñen que ver con Cabozo.com. Se sospeitas que alguén pode estar a facerse pasar por nós agradeceriamos que nos avisases a través da conta de correo: achegas@cabozo.com. Graciñas ;)

A evolución das páxinas de inicio de Cabozo

Miércoles, septiembre 28th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Co novo deseño da web esperando á volta da esquina :D aproveitamos para facer un pequeno repaso á historia de Cabozo recordando as distintas páxinas de inicio que tivo durante estes anos. Ademais presentamos a que será definitivamente a próxima “portada”.

Pantry, a precursora de Cabozo

Pantry, a precursora de Cabozo

Se hai algo pouco coñecido de Cabozo é que cando xurdiu este proxecto a finais de 2007, Antonio Mariño (Deckarz) bautizouno como Pantry (despensa, en inglés) denominación que mantivo unhas poucas semanas. Como podedes ver na imaxe superior, a pantalla de inicio de Pantry xa adiantaba os característicos tons laranxas de Cabozo ademais das cores e o tipo de fonte do futuro logo de Cabozo.

Primeira páxina de inicio de Cabozo como tal

Primeira páxina de inicio de Cabozo como tal

En xuño de 2008, despois duns meses nos que a web estivo redactada integramente en inglés para facilitar o seu uso a usuarios alemáns, outra das curiosidades de Cabozo, decídese traducir a web ao galego. Na imaxe superior podedes ver o que consideramos a primeira portada de Cabozo xa redactada integramente en galego e uns meses antes de iniciar a súa aventura pública na rede galega.

A portada de Cabozo máis lonxeva ata agora e probablemente a máis popular

A portada de Cabozo máis lonxeva ata agora e probablemente a máis popular

En marzo de 2009, aberta xa ao público galego, sendo Ángel Folgueira (LegnaLof) o principal impulsor da devandita apertura, a páxina de inicio recibe unha importante mellora gráfica grazas á colaboración de Fausto Cora. Ata agora esa é a portada de Cabozo que máis tempo permaneceu como páxina de inicio da web e probablemente a máis popular para moitos usuarios. Por primeira vez o característico cabozo (hórreo) do logo adquire maior presenza na portada como podedes ver na imaxe superior.

A portada do actual Cabozo que en breve será substituída

A portada do actual Cabozo que en breve será substituída

Tras a decisión de limitar o rexistro de novos usuarios unicamente a convite e para facilitar o uso crecente da web dende smartphones, en xaneiro de 2011 decídese cambiar a páxina de inicio por unha versión minimalista. Como curiosidade podemos dicir que é a primeira portada de Cabozo que non conta coa opción para darse de alta libremente na web e a primeira que co tempo acabou incorporando utilidades como o Tabomobil (versión móbil da web) ou Arredor (xeolocalización en Cabozo).

A portada de Cabozo durante as mobilizacións cidadás do 15M

A portada de Cabozo durante as mobilizacións cidadás do 15M

En Maio de 2011, durante as mobilizacións cidadás do 15M, decídese modificar a portada de Cabozo para crear unha versión especial que dese cobertura en tempo real ás principais acampadas galegas e á #acampadasol. Esta versión da portada aínda é accesible dende aquí.

E finalmente, esta será a próxima páxina de inicio da web. A imaxe do futuro Cabozo que en breve dará un importante salto de calidade no apartado gráfico grazas a un deseño acorde, por fin, ao enorme potencial desta rede social :D

En breve, a próxima páxina de inicio de Cabozo

En breve, a próxima páxina de inicio de Cabozo

A nova versión de Cabozo xa está en fase de probas ‘offline’

Miércoles, septiembre 21st, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Traemos dúas imaxes* das probas que xa se están a levar a cabo coa próxima versión de Cabozo :)

Así veremos os taboleiros doutros usuarios

O pasado fin de semana Deckarz montou a primeira versión offline do futuro Cabozo. Esta semana, tanto el coma LegnaLof empezaron as primeiras probas da nova versión. Aínda que queda bastante traballo por facer entre probas, axustes, cambios de última hora, etc., xa podemos dicir que xa hai unha versión do novo Cabozo funcionando :D

Así veremos o noso taboleiro no novo Cabozo

Xa está máis preto o día no que todos os caboZeir@s poidamos gozar deste novo Cabozo grazas á colaboración da empresa lucense m-tic! ;)

*As imaxes que podedes ver nesta ‘entrada’ non son un fiel reflexo da versión definitiva. Esta versión de probas pode sufrir algunha modificación e detalles como por exemplo as imaxes dos usuarios non son visibles.


22 imaxes case definitivas do que en breve será o novo deseño de Cabozo

Jueves, julio 21st, 2011

O futuro deseño de Cabozo está cada día máis preto… e hoxe xa vos podemos adiantar 22 imaxes, case definitivas, do que será o próximo Cabozo :D Cabozo plus? :P :D

Empezamos pola nova portada. Dende ela poderemos acceder, entre outras cousas, ao Tabomobil a versión para smartphones de Cabozo e calquera persoa, sexa usuari@ rexistrado ou non, poderá facer uso de Arredor, o novo servizo de xeolocalización de Cabozo:

Próxima portada de Cabozo

Dende a portada tamén poderemos acceder ás condicións de uso da web. Por certo, alguén as le? :)

Condicións de uso de Cabozo

Este será o novo aspecto do noso Taboleiro (algo parecido ao que coñecedes como “Muro” ou “TL” noutras redes sociais):

3meutaboleiro

Detalle da columna das opcións. Picando sobre a icona que aparece á dereita dos usuarios que seguimos poderemos iniciar un chat privado con eles. Nas iconas dos usuarios que nos seguen podemos marcar usuarios como favoritos (para permitir posteriormente o seu acceso aos nosos álbums privados) ou bloquear usuarios para que non reciban os avisos automáticos das nosas actualizacións: :)

Detalle da columna das opcións

Así veremos agora a pantalla para enviar mensaxes aos taboleiros:

Pantalla para escribir mensaxes aos taboleiros

Pestana das Cabozadas, microblogging de 140 carácteres para falar en tempo real con calquera dos usuarios de Cabozo sígalos ou non. O punto de encontro de todos os Cabozeir@s: :D

Cabozadas

Pestana Lox, avisos automáticos das actualizacións dos usuarios que seguimos:

Lox, avisos automáticos de actualizacións

Así veremos dunha ollada os vídeos YouTube adxuntos ás mensaxes dos taboleiros dun usuario:

Vídeos YouTube adxuntos as mensaxes dos taboleiros

Arredor, novo servizo de xeolocalización de Cabozo. Así o veremos os usuarios rexistrados accedendo dende o noso taboleiro:

Arredor, novo servizo de xeolocalización de Cabozo

Só os usuarios rexistrados poderemos crear novas marcas (negocios, praias, noticias, lugares de interese, etc.) que logo calquera persoa poderá ver dende a portada de Cabozo. Estas marcas só poderán ser comentadas por usuarios rexistrados:

Crea novas marcas (negocios, praias, puntos de interese, novas, etc.)

Se accedemos a eles, así veremos agora os perfís dos usuarios:

Perfís usuari@s

Novo aspecto da pantalla das videochamadas. Similar aspecto terán as canles de Tv daqueles usuarios que os teñan activos:

Videochamadas e Canles de Tv

Álbums persoais:

Álbums persoais

Foto de álbum persoal:

Foto de álbum persoal

Pantalla de administración de álbums persoais. Dende aquí podemos crealos, marcalos como públicos ou privados, seleccionar a quen damos acceso para velos ou eliminalos:

Pantalla de administración de álbums persoais

Nova pantalla de seguimentos. Aquí veremos cando entran ou saen de Cabozo aqueles usuarios que seguimos:

Seguimentos

Así veremos os taboleiros doutros usuarios. Picando sobre o seu nome ou imaxe en calquera parte da web ou cando accedemos a eles dende o buscador (por nome, nick ou cidade):

Taboleiros doutros usuari@s

Meus Grupos. Calquera usuario pode crear dende hai anos en Cabozo grupos públicos ou privados se só quere compartir contidos coa xente que invite ao devandito grupo. Vamos, a supernovidade de Google plus pero sen os seus circuliños: :D

Meus grupos

Esta será a nova pantalla para unirse a grupos. Se son públicos só será necesario picar sobre o nome do grupo e se son privados ao picar sobre o nome do grupo o seu creador recibirá unha petición de unión que poderá aceptar ou non: :)

Unirse a grupos

Pantalla de configuración dos grupos dos que sexamos administradores. Aquí marcaremos o grupo como público ou privado, se permitimos subir imaxes ou non, se permitimos poder compartir álbums ou non, se se poden engadir eventos, recibir solicitudes de unión, etc.:

Configuración dos grupos propios

Pantalla de eventos de grupos, onde poderemos crear eventos dentro dun grupo determinado:

Eventos de grupos

Reproductor de vídeos. Facilita o visionado de todos os vídeos YouTube adxuntos ás mensaxes dos distintos grupos dos que somos membros:

Reproductor vídeos

O Modo Playlist permite reproducir de forma automática as listas de vídeos dun determinado grupo do que somos membro. Podemos por exemplo crear un grupo privado ou público coa nosa música favorita e logo reproducila deste modo:

Modo Playlist do reproductor de vídeos

E isto só é unha parte de todas as posibilidades que ofrece Cabozo, a rede social alternativa “made in Galicia“. Aquí podedes ler as opinións dalgúns usuari@s. E ben… que vos parece entón o novo deseño? :D

Seguimos traballando no novo deseño de Cabozo xunto á empresa lucense m-tic!

Martes, julio 5th, 2011

benvidafb

Pouco a pouco, o novo aspecto de Cabozo, máis atractivo e profesional, vai cobrando vida grazas á colaboración coa empresa lucense m-tic!

Comparativa entre o futuro e o actual deseño de Cabozo

Na imaxe superior podedes ver unha comparación entre o futuro e o actual aspecto da web, a falta dalgunha pincelada. Aquí deixámosvos algunhas capturas do que será o futuro aspecto da web.

Saúdos! ;)

Novo logo de Cabozo

Cabozo, a rede social autenticamente galega

Jueves, junio 16th, 2011

Entrevista concedida por LegnaLof ao responsable do blog de Compostweets, evento anual social media en Galicia:

Antonio Mariño e Ánxel Folgueira, desenvolvedores de Cabozo.com

Antonio Mariño e Ánxel Folgueira, desenvolvedores de Cabozo.com

“Si irse a trabajar fuera siempre es duro, lo es menos si puedes mantener el contacto con los tuyos. Algo así debió pensar Antonio Mariño cuando, en 2008 y a raíz de estar trabajando en Alemania, se planteó junto a Ánxel Folgueira el desarrollar íntegramente una red social gallega partiendo desde cero. Ánxel, esa otra cabeza visible de Cabozo.com, que así es como llamaron al proyecto, concedió una entrevista a Compostweets para hablar de su red social.”

Pica aquí para ver a entrevista completa

Cazarolada e corte da Avda. das Américas en Lugo en sinal de protesta polo abandono do antigo hospital Xeral-Calde

Jueves, junio 16th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Foto de Cabozo.com, a rede social galega

Veciños do barrio da Residencia de Lugo cortan a Avda. das Américas en sinal de protesta polo abandono das instalacións do antigo hospital Xeral-Calde.

Foto de Cabozo.com, a rede social galega

Pensan reunirse todos os xoves para esixir as autoridades que cumpran as promesas adquiridas para as devanditas instalacións.


Foto de Cabozo.com, a rede social galega

Xa o xoves pasado, vestidos de loito simularon o velorio do antigo hospital :)

Como compartir contidos doutras webs directamente en Cabozo

Lunes, junio 13th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Para facilitar aos nosos usuari@s a posibilidade de compartir contidos doutras webs/blogs directamente nos seus taboleiros de Cabozo, melloramos as funcionalidades do botón Cabozo ademais de crear dúas extensións para os navegadores Firefox e Chrome.

BOTÓN CABOZO

Mellorado o envío de contidos dende as webs que incorporan o botón Cabozo.

Botón Cabozo

As melloras son as seguintes: Só se piden os datos de acceso a primeira vez polo que xa non será necesario facilitar usuario e contrasinal cada vez que queiramos compartir algún contido. Podemos editar os textos antes de enviar as mensaxes. Agora tamén podemos achegar unha imaxe ademais de xeolocalizar o contido a compartir (poderemos mesmo crear unha “marca” -sitio de interese- dese contido)

Recordamos que calquera blog ou web pode incorporar este botón. Podedes descargar o código a inserir e a explicación de como facelo aquí.

EXTENSIÓNS CABOZO PARA OS NAVEGADORES FIREFOX E CHROME

Extensión Cabozo para Google Chrome

Agora tamén dispoñemos dunhas extensións de Cabozo para os navegadores Google Chrome e Mozilla Firefox que facilitan o envío de contidos dende calquera web aos nosos Taboleiros aínda que as devanditas webs non incorporen o botón Cabozo.

Extensión Cabozo para Mozilla Firefox

Unha vez instaladas estas extensións aparecerá o “botón Cabozo” no noso navegador.

Aquí podes descargar as extensións:

- Extensión Cabozo para Google Chrome

- Extensión Cabozo para Mozilla Firefox

*Ademais hoxe decatámonos que unha extensión para Joomla facilita compartir contidos tamén en Cabozo.

En Lugo tamén están ‘indignados’: info e fotos da #acampadalugo na Praza Maior

Jueves, mayo 19th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Indignados en Lugo

O movemento de “indignación” que se estende por todo o país chegou hoxe á Praza Maior de Lugo.

Unhas 200 persoas participaron na sentada de Lugo

Ao redor dunhas 200 persoas participaron nunha sentada xunto ao Concello para pedir cambios políticos e sociais.

Xentes de todas as idades déronse cita en Lugo

Xentes de todas as idades déronse cita na concentración de Lugo.

Pancarta coa lenta "Democracia real Xa"

Pancarta coa lenda “Democracia real Xa

Os lucenses non quixeron deixar pasar a oportunidade de mostrar a súa indignación

Os lucenses non quixeron deixar pasar a oportunidade de mostrar a súa indignación.

Unhas 100 persoas continuaban na Praza Maior sobre as 21 h.

Sobre as 21 horas, unhas 100 persoas continuaban na Praza Maior.

Zona de acampada na #acampadalugo

Zona de acampada na #acampadalugo.

Material para crear pancartas

Material para crear pancartas.

Mozos e non tan mozos se preparan para pasar a noite na #acampadalugo

Mozos, e non tan mozos, organízanse para pasar a noite na zona de acampada na Praza Maior de Lugo.

Fotos da #acampadalugo por Cabozo.com

Fotos da #AcampadaLugo por Cabozo.com, a rede social galega ;)

Segue as principais mobilizacións galegas en Cabozo. Webcams, noticias, tweets, fotos, vídeos, mapas… todo iso e máis na portada de Cabozo

Adaptamos a portada de Cabozo para dar cobertura ás mobilizacións cidadás das principais cidades galegas

Miércoles, mayo 18th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Adaptamos a portada para dar cobertura as #acampadasgalegas

Por primeira vez, motivados pola relevancia dos acontecementos, dende Cabozo decidimos adaptar por tempo indefinido a nosa portada* para facilitar aos nosos usuari@s, e a todo aquel que o desexe, o seguimento das mobilizacións nas principais cidades galegas. Ademais faremos un seguimento á concentración da Porta do Sol en Madrid que foi a precursora deste movemento que pretende cambios sociais e políticos na nosa sociedade.

Acampada hoxe en Lugo na Praza Maior

Que podes seguir dende a nosa portada? Webcams, tweets, vídeos, fotos, noticias…

Ademais das opcións habituais da portada de Cabozo, que relegamos a un segundo plano, agora atoparedes as etiquetas de Twitter (hashtag) baixo as que se están seguindo as principais mobilizacións galegas, a acampada de Puerta del Sol en Madrid e algunhas das etiquetas xenéricas deste movemento.

Picando sobre esas etiquetas veremos as últimas mensaxes que fagan referencia ás mesmas, as últimas 8 fotos ou vídeos referidos ás devanditas etiquetas e a webcam, se a hai, a dita acampada (como por exemplo podedes ver en #acampadaobradoiro).

Ademais poderedes ver un mapa das distintas acampadas, ademais de noticias sobre as mesmas.

Pica aquí e visita a portada de Cabozo

*Algunha vantaxe tiña que ter ser unha web libre, independente, non subvencionada e creada baixo código propio :P

Saúdos! ;)