OPCIÓN B) SE XA TES CREADA UNHA CONTA PERSOAL EN USTREAM.TV:
1.- Imos aos nosos “Axustes” de usuario en Cabozo (dende o noso Taboleiro xunto ao noso nome de usuario)
2.- Unha vez dentro de “Axustes” buscamos a opción “Conexión con Ustream“. Aí poñemos o nome da canle que creamos en Ustream.tv. Debemos poñer o nome exactamente igual. Recordar gardar os cambios (ver imaxe anterior)
3.- Se fixestes todo ben deberedes ver a seguinte icona no voso Taboleiro (ver imaxe anterior). Se non vos sae revisar se puxestes en “Axustes” o nome da canle exactamente igual ao que creastes previamente. Para acceder á pantalla da nosa canle picaremos sobre “Miña canle“.
4.- Á esquerda veremos a ventá onde veremos o que emitamos na nosa canle (neste momento aínda non veremos nada). No centro veremos o chat da canle (este sempre é público) e á dereita veremos, de entre os usuarios que seguimos, aqueles que xa teñen creada unha canle para emitir en Cabozo.
Se picamos sobre os seus nomes abrirase unha ventá onde veremos a súa emisión. Se non están a emitir nada, a ventá aparecerá como “Off Air”. Ben, é hora de empezar a emitir Para iso picamos sobre (xusto enriba da ventá do vídeo) “Ir a Ustream para activar a túa emisión” (ver imaxe anterior)
5.- Apareceranos a pantalla de Ustream.tv onde deberemos loguearnos en “Login” (acceder cos nosos datos de usuario nesa web)
6.- Abrirásenos unha pantalla cunha pequena ventá onde debemos marcar en “permitir” para dar acceso ao programa a nosa webcam e micrófono. (ver imaxe anterior)
7.- Unha vez feito o paso anterior accederemos á pantalla onde controlaremos a nosa emisión. Aquí xa deberiades ver o que ides emitir en Cabozo. Para que na vosa canle de Cabozo se vexa a vosa emisión deberedes picar na opción “Start Broadcast” (ver imaxe anterior)
8.- Se ides á pantalla da vosa canle en Cabozo veredes xa a vosa emisión. Calquera que acceda ao voso Taboleiro e vaia á vosa canle poderá ver a vosa emisión. Se a vosa canle ten clave deberedes introducila para ver a vosa emisión. Neste caso só poderán ver a vosa canle en Cabozo aqueles que coñezan a clave da vosa canle. (ver imaxe anterior)
9.- Picando sobre os usuarios que vos aparecen baixo “seguimentos” (ver imaxe anterior) poderedes iniciar unha videoconferencia con eles. Se queredes manter unha multiconferencia recordar marcar antes de picar sobre os nomes dos usuarios esta opción (aparécevos xusto debaixo dos nomes dos usuarios). Así poderedes dialogar entre 4 usuarios. Recomendo desactivar o son do voso vídeo para evitar acoplamentos. Deixade activo o son do resto de usuarios.