Cabozo faise un oco entre as 75 webs máis populares de Galicia
(Pincha aquí para leer en castellano)
Se non fose porque non cremos neles, e porque ninguén mellor ca nós sabe do enorme traballo que supón chegar ata aquí, diriamos que é un milagre ver a Cabozo no mesmo ranking no que aparecen as web de empresas tan importantes como o grupo Inditex (Zara, Bershka…), Adolfo Domínguez ou Mundo R, webs de ocio consolidadas a nivel nacional ou internacional como Vandal.net ou Rojadirecta.me, webs institucionais como as da Xunta de Galicia, o Sergas ou as Universidades de Santiago (USC), Vigo (Uvigo) e Coruña (Udc), webs de medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Galicia Confidencial ou a CRTVG, de entidades bancarias como o Banco Pastor ou Nova Galicia Banco ou de equipos deportivos como o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña… por citar algunhas. Hai mellor xeito de celebrar o recente 5º aniversario de Cabozo?
Por segunda vez en 5 anos, Cabozo entra no TOP100 de webs galegas máis populares segundo Alexa, ocupando esta vez o posto 75 (98 a vez anterior) como podedes ver no ranking mensual elaborado por Código Cero, diario tecnolóxico de Galicia.
Máis relevante é este feito se temos en conta que Cabozo é unha web desenvolvida totalmente dende cero baixo código propio, web por tanto orixinal cunha filosofía de uso propia, que compite nun sector no que debe “rabuñar” tempo de uso as omnipresentes Facebook, Twitter e compañía para poder sobrevivir.
GRACIÑAS POR ESTAR AÍ!