Ángel Folgueira fala sobre Cabozo na canle internacional de TVE

(versión en castellano aquí)

Ángel Folgueira explica as peculiaridades de Cabozo

Ángel Folgueira, cofundador de Cabozo, fala sobre esta rede social en “La Red, también gallega” reportaxe sobre o galego e as redes sociais emitida recentemente no programa Desde Galicia para el mundo da canle internacional de TVE.

Tve

Neste tamén podemos ver a Ian Vázquez, impulsor de Twitter en galego XA! iniciativa que busca incorporar o galego como opción na configuración persoal de Twitter.

E falando de Twitter… recordámosvos que, ademais de no propio Cabozo, tamén podedes seguir por alí as contas dos seus responsables: @lexnalof, @deckarz e @cabozo_com

Deixámosvos co vídeo: