Titorial Videoconferencias 1

OPCIÓN A) SE NON TES CREADA UNHA CONTA PERSOAL EN USTREAM.TV:

Para iniciar unha videoconferencia en Cabozo é necesario posuír unha conta na web Ustream.tv, conta que posteriormente conectaremos con Cabozo.

1.- Imos a —> Ustream.tv

2.- Daremos de alta unha nova conta picando sobre “Sign Up(ver imaxe anterior)

3.- Cubrimos os datos que nos piden e gardamos os datos picando sobre “Create My Account(ver imaxe anterior)

4.- Unha vez gravados os datos da nosa conta apareceranos a seguinte pantalla. Unha vez creada a conta debemos crear un “show” (canle). Para iso picaremos sobre “Broadcast(ver imaxe anterior)

5.- Abrirásenos a seguinte pantalla (ver imaxe anterior). Picaremos sobre “dashboard

6.- Na pantalla que nos aparece agora (ver imaxe anterior) picamos sobre “Create a Show

7.- Abrirásenos unha mini pantalla onde deberemos poñer o nome que terá o noso “show” (canle). É moi importante que este nome sexa sinxelo e sen símbolos senón posteriormente pode dar problemas en Cabozo. Recordade, tal cual, este nome pois posteriormente incluirémolo en Cabozo. Unha vez posto o nome da nosa canle picaremos en “Create(ver imaxe anterior).

8.- Ábrese unha pantalla onde poderemos configurar a nosa canle. Se vos fixades a información empeza co nome do noso “show” (canle). Aquí poderemos configurar distintas cousas como engadir unha imaxe á nosa canle (Channel picture) a cal veremos cando non esteamos a emitir, a categoría da canle, tags, etc. Unha vez configurada a nosa canle picaremos en “Save(antes de facelo ver o punto 9) para gardar os datos (ver imaxe anterior)

9.- Na pantalla anterior, nas opcións que aparecen á esquerda (ver imaxe anterior ao punto 8) encontraremos a opción “Settings“. Se picamos sobre esa opción abrirásenos unha nova pantalla onde poderemos incluír unha contrasinal a nosa canle. Isto é útil para manter unha videoconferencia privada con outros usuarios. Para iso marcar a opción “Make your Show private” e abrirásevos un espazo para poñer a contrasinal da vosa canle. Esta clave deberédesllela facilitar (por exemplo a través dunha mensaxe privada por Cabozo) a aqueles usuarios cos que queirades manter unha videoconferencia privada. Non esquezades gardar “Save” despois de configurar a vosa canle.

Ollo! Esta clave deberédela cambiar se iniciades unha nova videoconferencia á que non queirades que poidan acceder os usuarios aos que lles facilitásedes unha clave anterior. (ver imaxe anterior)


10.-  Agora tes que conectar a conta Ustream con Cabozo, para ver como pica aquí