Subir imaxes ao Taboleiro dende un iPhone (iOS) e non morrer no intento

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Os posuidores dun iPhone ou doutro aparello co Sistema Operativo iOS de Apple, atopámonos con que nas webs onde se dá a opción de subir algún arquivo ou imaxe, o botón da devandita función aparece desactivado no Safari Mobile.

Isto mesmo pásanos se queremos subir unha imaxe ao noso taboleiro dende o Tabomobil de Cabozo onde tamén veremos o botón “Seleccionar arquivo” desactivado:

boton

Debido a isto, e a que tamén Deckarz é usuario de Apple, como varios dos usuari@s de Cabozo, púxose a buscar unha solución e atopou estas dúas:

1.- SOLUCIÓN DE PAGO (Serve para Cabozo e outras webs):

A opción máis sinxela e a máis práctica. Só teredes que descargar o navegador iCab Mobile (Web Browser) e usalo como calquera outro. Iso si, pasando antes por caixa e desembolsando 1,59 euros :P Como vedes na captura o botón “elixir arquivo” aparece activo e funcional e deixará seleccionar fotos do “carrete”:

Como subir imaxes ao Taboleiro de Cabozo dende un iOS

2.- SOLUCIÓN GRATUÍTA (Só serve para Cabozo):

Solución específica para Cabozo que, aínda que non é tan cómoda como picar simplemente no botón de subir imaxe, polo menos dános a posibilidade de esquivar este pequeno inconveniente de forma gratuíta.

O primeiro que debemos facer é baixar a seguinte App gratuita da Apple Store, Picup

image_1

Como a App ten acceso ao “carrete” de fotos o que facemos con ela é subir a imaxe a un servizo intermedio de aloxamento de imaxes, neste caso imgur.com

Unha vez subida a imaxe atopámonos co seguinte resultado:

picup

Indícanos que a imaxe foi subida correctamente e dános o enderezo remoto onde se atopa. Este enderezo é o que nos interesa a nós. Copiámolo da App, imos ao taboleiro e pegámolo no recuadro de escribir a mensaxe. Continuamos escribindo a mensaxe normalmente e dámoslle a “enviar“.  Unha vez enviada a mensaxe vemos como a imaxe xa aparece publicada no taboleiro. :)

O truco é que o Taboleiro de Cabozo recoñece ese enderezo remoto do servizo de aloxamento de imaxes e sabe que ten que obter unha imaxe. Conectase co servizo de aloxamento de imaxes e copia a Cabozo tanto a miniatura coma a version “grande” da imaxe subida.

Sistema Operativo iOS de Apple

Aínda que o servizo de aloxamento de imaxes (imgur.com) borra as imaxes se estas non son vistas polo menos unha vez en 6 meses no seu propio dominio, isto a nós non nos importa pois Cabozo xa as ten copiadas no seu servidor. ;)

Polo momento, e ata que ao tito Jobs non lle dea por activar os botóns do Safari Mobile para poder subir imaxes e arquivos directamente dende el, estas opcións e “truquiños” de Cabozo axúdannos a salvar o inconveniente.

Calquera dúbida vémonos por aquí ou en Cabozo! ;)

Tags: , , , , , , , , , , , , ,

Comments are closed.