Xa temos logo gañador do concurso de deseño #LogoCabozo17M :)
Dende hai unhas horas xa loce na portada de Cabozo o deseño gañador do concurso #LogoCabozo17M, concurso ideado con motivo do Día das Letras Galegas 2012:
Este deseño, que por primeira vez preside a portada de Cabozo non sendo o logo orixinal chega dende a Costa da Morte, máis concretamente dende Baio (Concello de Zas) da man do seu autor Marcos Martínez Romero.
Así se xestou o deseño gañador
Isto é o que contaba Marcos sobre o proceso de creación do seu traballo:
“Trátase dunha interpretación de 2 tipos de cabozos: o de pedra e o de madeira (como adxunto na imaxe do proceso) fusionándose coa imaxe da persoa á que se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano”
Noraboa polo traballo Marcos!
Nos próximos días faráselle entrega da cesta de produtos lucenses doada por m-tic! e saberemos algo máis sobre o autor e a súa obra nunha entrevista para Galicia Confidencial.
Todos os deseños do concurso:
#LogoCabozo17M foi un concurso ideado por GalegoLab e Cabozo
Tags: andrade, cabozo, concurso, deseño, galego, galegolab, galicia, galiciaconfidencial, gañador, letrasgalegas, letrasgalegas2012, lingua, logocabozo17m, mtic, paz, valentin