Configura a túa conta e perfil de usuari@ en Cabozo

(Lectores no gallegos pinchad aquí) [No activado]

Na opción “Configuración(que atoparás no Taboleiro enriba do teu nome de usuari@) podes axustar e configurar a túa conta e o teu perfil de usuari@ en Cabozo. Estas son as opcións de configuración que atoparás: (Non é obrigatorio cubrir ningún campo. Comparte só aquilo que creas conveniente)

Opcións de configuración da túa conta en Cabozo

- Cambiar imaxe: selecciona a túa imaxe de usuari@ na web (debe ser formato jpg ou png)

- Contrasinal: cambia, se queres, o teu contrasinal de acceso á web (4 ou máis díxitos)

- Nome e apelidos: facilita, se queres, a túa busca por nome real (nunca será visible para o resto de usuarios)

- Correo Electrónico: cambia, se queres, a conta de correo onde recibirás os avisos de Cabozo.

- Páxina web: pois iso, enlaza unha web, blog, conta noutra rede, etc.

- Cidade, país: facilita, se queres, a túa busca por localidade.

- Bio: Unha pequena descrición sobre ti ou calquera outra cousa que queiras resaltar.

Opcións de configuración da túa conta en Cabozo

- Favoritos (libros, música, películas, comidas e cidades): se compartes os teus “favoritos” (sempre separados por comas) logo serás avisado, de forma automática, de usuarios con gustos similares.

- Engadir video de YouTube o teu perfil de usuari@: pois iso, aquí podes engadir un vídeo YouTube ao teu perfil de usuario. Por exemplo, un coa túa música favorita para que a xente o escoite mentres visita o teu perfil.

- Cambiar imaxe de fondo: personaliza o teu fondo de Cabozo cunha imaxe. Xogando co seu tamaño verase estendida ou en forma de mosaico.

- Engade un Google Gadget ao teu Taboleiro: pois iso. Ás veces, algúns provocan problemas de funcionamento en Cabozo. Se notas que algo non funciona ben cámbiao por outro.

Opcións de configuración da túa conta en Cabozo

- Conexión con Twitter: engade aquí, tal cal, o teu nick ou pseudonimo de Twitter se queres que o resto de usuarios poidan ver os teus tweets dende Cabozo. Se o teu nick de Twitter fose “xelo” ti aquí só pos “xelo” (sen comiñas)

- Conexión con Ustream: se queres ter unha canle de Tv propia e poder manter videoconferencias en Cabozo (ver explicación)

- Estilo de selección dos grupos: recomendo deixar marcada a opción que ven por defecto.

- Avisos por E-mail: recomendamos deixar marcada esta opción para poder recibir avisos das actualizacións dos usuarios que seguimos. Non é nada ‘invasora’ como noutras redes e pódevos resultar moi útil.

- Permitir acceso externo ao taboleiro: Recomendamos deixar marcada esta opción para que poidas compartir unha versión limitada dos contidos do teu taboleiro (muro) tamén fóra de Cabozo.

- Darse de baixa de Cabozo: Chegado o caso, aquí poderás darte de baixa cun só clic de rato.