Archive for diciembre, 2011

Cabozo.com remata o 2011 entre as webs galegas máis populares

Viernes, diciembre 30th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Cabozo.com entre as webs galegas máis populares

:D Quen nos ía dicir alá polo 2008 que Cabozo.com, aquela pequena web que estabamos a crear coa única pretensión de manter o contacto dun reducido grupo de colegas, acabaría aparecendo algún día na mesma lista na que aparecen webs de empresas ou institucións tan populares como Zara, o Deportivo da Coruña, Mundo R, Estrella Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Xunta de Galicia, Rojadirecta, Novagalicia Banco, o Sergas, Blusens, Adolfo Dominguez… entre outras ;)

Ranking de Código Cero segundo Alexa

Por primeira vez tras 3 anos na rede galega, Cabozo entra no TOP100 de webs máis populares, ocupando o posto 98, como podedes observar no ranking elaborado por Código Cero.

Debemos valorar moi positivamente este feito máis sendo esta unha web creada totalmente dende cero baixo código propio, sendo por tanto unha web orixinal e cunha filosofía de uso propia, e desenvolvida por só dúas persoas no seu tempo libre coa dificultade engadida, a efectos de difusión, de ser unha web redactada exclusivamente en galego e totalmente independente.

Entre as webs en galego non institucionais, Cabozo ocupa o posto número 12 en popularidade sendo neste caso os tres primeiros postos para Mundo-r.com, Blogaliza e Código Cero.

novologo2012

Esta claro que isto non se lograría sen o apoio dos miles de seguidores, moitos xa coleg@s, que nun ou outro momento apostastes por Cabozo. Por iso dende aquí agradecémosvolo e aproveitamos, de paso, para desexarvos unhas felices festas e un próspero 2012!!! :D ;)

Espectacular incendio en Lugo

Viernes, diciembre 30th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

Incendio en Lugo (29/12/2011)

O incendio orixinado onte no número 165 da Avenida da Coruña fai perder temporalmente o seu domicilio a unha das familias residentes como consecuencia dos danos estruturais que sufriu o edificio, segundo informan dende El Progreso.

Aquí podedes ver máis fotos e vídeos do incendio de onte gravados por Cabozo.com.

Aplicación Android para traducir de ou ao galego

Sábado, diciembre 17th, 2011

(Lectores no gallegos pinchad aquí)

TraductorGalego

“Es galego e estás fóra da túa terra e non entendes nin papa? Vas facer o Camiño de Santiago e non sabes preguntar como se vai a un lugar? Leva TradutorGalego no teu peto e non perdas unha!”

Con esta presentación na súa web os desenvolvedores de TradutorGalego móstrannos as posibilidades desta nova aplicación para Android.

Esta ferramenta permite traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

Como curiosidade comentar que ofrece a posibilidade de ditado (voz) o cal pode ser moi útil para por exemplo traducir directamente o que nos din sen ter que escribilo. Con TradutorGalego poderás traducir textos de ata 2.500 carácteres.

Desenvolvedores

Os creadores desta aplicación gratuíta son Sabela Barreiro, Xurxo Méndez e Juan Porta, dos cales tedes máis información na súa propia web e cos cales podedes poñervos en contacto picando sobre os seus nomes vía Twitter (non nos consta que teñan conta activa en Cabozo.com)

DicionarioGalego

Tamén son os creadores doutras aplicacións como ConxuGalego e DicionarioGalego.