Archive for septiembre, 2011

A evolución das páxinas de inicio de Cabozo

Miércoles, septiembre 28th, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Co novo deseño da web esperando á volta da esquina :D aproveitamos para facer un pequeno repaso á historia de Cabozo recordando as distintas páxinas de inicio que tivo durante estes anos. Ademais presentamos a que será definitivamente a próxima “portada”.

Pantry, a precursora de Cabozo

Pantry, a precursora de Cabozo

Se hai algo pouco coñecido de Cabozo é que cando xurdiu este proxecto a finais de 2007, Antonio Mariño (Deckarz) bautizouno como Pantry (despensa, en inglés) denominación que mantivo unhas poucas semanas. Como podedes ver na imaxe superior, a pantalla de inicio de Pantry xa adiantaba os característicos tons laranxas de Cabozo ademais das cores e o tipo de fonte do futuro logo de Cabozo.

Primeira páxina de inicio de Cabozo como tal

Primeira páxina de inicio de Cabozo como tal

En xuño de 2008, despois duns meses nos que a web estivo redactada integramente en inglés para facilitar o seu uso a usuarios alemáns, outra das curiosidades de Cabozo, decídese traducir a web ao galego. Na imaxe superior podedes ver o que consideramos a primeira portada de Cabozo xa redactada integramente en galego e uns meses antes de iniciar a súa aventura pública na rede galega.

A portada de Cabozo máis lonxeva ata agora e probablemente a máis popular

A portada de Cabozo máis lonxeva ata agora e probablemente a máis popular

En marzo de 2009, aberta xa ao público galego, sendo Ángel Folgueira (LegnaLof) o principal impulsor da devandita apertura, a páxina de inicio recibe unha importante mellora gráfica grazas á colaboración de Fausto Cora. Ata agora esa é a portada de Cabozo que máis tempo permaneceu como páxina de inicio da web e probablemente a máis popular para moitos usuarios. Por primeira vez o característico cabozo (hórreo) do logo adquire maior presenza na portada como podedes ver na imaxe superior.

A portada do actual Cabozo que en breve será substituída

A portada do actual Cabozo que en breve será substituída

Tras a decisión de limitar o rexistro de novos usuarios unicamente a convite e para facilitar o uso crecente da web dende smartphones, en xaneiro de 2011 decídese cambiar a páxina de inicio por unha versión minimalista. Como curiosidade podemos dicir que é a primeira portada de Cabozo que non conta coa opción para darse de alta libremente na web e a primeira que co tempo acabou incorporando utilidades como o Tabomobil (versión móbil da web) ou Arredor (xeolocalización en Cabozo).

A portada de Cabozo durante as mobilizacións cidadás do 15M

A portada de Cabozo durante as mobilizacións cidadás do 15M

En Maio de 2011, durante as mobilizacións cidadás do 15M, decídese modificar a portada de Cabozo para crear unha versión especial que dese cobertura en tempo real ás principais acampadas galegas e á #acampadasol. Esta versión da portada aínda é accesible dende aquí.

E finalmente, esta será a próxima páxina de inicio da web. A imaxe do futuro Cabozo que en breve dará un importante salto de calidade no apartado gráfico grazas a un deseño acorde, por fin, ao enorme potencial desta rede social :D

En breve, a próxima páxina de inicio de Cabozo

En breve, a próxima páxina de inicio de Cabozo

A nova versión de Cabozo xa está en fase de probas ‘offline’

Miércoles, septiembre 21st, 2011

(Lectores no gallegos pinchar aquí)

Traemos dúas imaxes* das probas que xa se están a levar a cabo coa próxima versión de Cabozo :)

Así veremos os taboleiros doutros usuarios

O pasado fin de semana Deckarz montou a primeira versión offline do futuro Cabozo. Esta semana, tanto el coma LegnaLof empezaron as primeiras probas da nova versión. Aínda que queda bastante traballo por facer entre probas, axustes, cambios de última hora, etc., xa podemos dicir que xa hai unha versión do novo Cabozo funcionando :D

Así veremos o noso taboleiro no novo Cabozo

Xa está máis preto o día no que todos os caboZeir@s poidamos gozar deste novo Cabozo grazas á colaboración da empresa lucense m-tic! ;)

*As imaxes que podedes ver nesta ‘entrada’ non son un fiel reflexo da versión definitiva. Esta versión de probas pode sufrir algunha modificación e detalles como por exemplo as imaxes dos usuarios non son visibles.