Archive for julio, 2008

Selección de grupos simple

Jueves, julio 17th, 2008

A partir de hoxe poderase elexir entre dúas modalidades de selección dos grupos na páxina principal, múltiple e simple.

A múltiple é a de sempre cos checkbox e coa posibilidade de seleccionar varios grupos á vez. A simple esta feita con botóns radio e soamente podemos seleccionar un grupo de cada vez. A ventaxa da simple sobre a múltiple é que é moito máis rápido saltar dun grupo a outro e ver as súas mesaxes unha vez que o nome do grupo ponse en branco avisándonos de que hai unha nova.

Para cambiar do estilo múltiple ó simple ou viceversa, haberá que dirixirse os nosos “axustes” de usuario e ali poderemos cambialo.

Tamén agora cando hai un novo comentario nunha foto, a palabra “Album” porase en gris e cando facemos click sobre ela levaranos directamente a foto co comentario en cuestión.

Espero que vos sexan útiles estas novas funcións no noso Cabozo. Saudiños.

Comentarios nas fotos

Martes, julio 15th, 2008

Pois iso, que a partir de hoxe pódense escribir comentarios nas fotos. Unha opción que a tiña ahí aparcada e que hoxe en día é algo imprescindible de ter nunha web que conta cun album fotográfico. Estos dous derradeiros días foron moi productivos en canto a programación de novas funcións para o noso Cabozo :) . Saudiños.

“Estilo foro” para os grupos

Lunes, julio 14th, 2008

Acabo de rematar de programar unha nova funcionalidade para Cabozo, o “Estilo foro”.

¿E qué é iso?.Pois ben, agora ó crear un novo grupo ou cando o creador acceda os axustes dun, aparecerá unha nova opción “Estilo foro”.Se se marca a “Si” na páxina principal de mesaxes non se amosaran as respostas correspondentes as mesaxes, senon que haberá que clickear no número de respostas (debaixo da mesaxe) que ten a mesaxe para acceder a conversación enteira.

Desta maneira teremos acceso os distintos temas de conversación e as súas respostas dunha maneira moito mais sinxela e ordenada, moi útil se se queren crear fios de discusión e acceder a eles fácilmente dende a páxina principal de mesaxes.

Novo logo

Sábado, julio 12th, 2008

Hoxe pola mañá decidinme a facer un pequeno logo para Cabozo. Está feito co programa Inkscape. Collín a fotografía dun cabozo e usandoa como base debuxei trazos sobre ela ca ferramenta pluma, conseguindo a figura desexada. Non e a oitava maravilla do mundo pero creo que tampouco quedou tan mal :P .

Ademáis editei tódalas imaxes ca palabra cabozo da web quitándolles a sombra, co que creo que quedan moito mellor.